Alt

05 Xoán Neira / Toño Núñez

27 de Novembro de 2025

Xoán Neira. Meilán (Lugo), 1953

Mestre xubilado, reside en Viveiro dende 1982. Premiado nos certames de poesía de Meigas e Trasgos de Sarria, Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona, etc.; e en  xornalismo, Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal (tamén en tres ocasións). Autor dos poemarios “Memoria e soño”, “Nas varandas do abrente”, “Ás catro augas”, “Linguaxes” e “Outras linguaxes “. En poesía infantil publicou “Recreos”, “Xiz de cor”, “Farrapos de nube”, “No cubil da lúa”, “Un niño no xardín”, “Chafarís”, “Gaiola aberta”, “Calendario poético” e “Máxica lúa”.

Toño Núñez. Freixís (Navia de Suarna), 1959

Mestre xubilado, compaxina a escrita co activismo cultural. Gran defensor da súa terra, Navia de Suarna, e dos Ancares. Home comprometido coa defensa da nosa lingua, das nosas tradicións e da nosa cultura en xeral. Ten publicado máis dunha ducia de libros para nenos e nenas e para público adulto.  Ten participado, a maiores, en máis de medio cento de publicacións colectivas de narrativa e de poesía. Dende o ano 2019 é o coordinador de “Xistral”, a Revista Lucense de Creación Poética que edita a Área de Cultura do Concello de Lugo. Integrante do dúo poético-musical ConVersoS.

VÍDEO

 

FOTOS