4 de Xuño de 2026
Xacobe Sánchez Quintela A Coruña, 1972
No seu círculo próximo é coñecido como Jaki. Dende 1987 reside nos Vilares (Guitiriz). Fixo estudos de psicoloxía na Universidade da Coruña que non chegou a rematar xa que decidiu darlle continuidade ao negocio familiar de ferraxaría e antigüidades. Con anterioridade á publicación deste poemario ten colaborado de xeito esporádico para as revistas culturais Dorna e Xistral. Colabora con Xermolos no espallamento da vida e obra do poeta Xosé María Díaz Castro.
Xosé Antón Cascudo Guitiriz, 1976
Xosé Antón Cascudo (Guitiriz, 1976) é doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Comunicación Audiovisual e Historia da Arte. Desenvolve a súa carreira profesional vencellado ao sector audiovisual, á xestión cultural, á investigación e á docencia no IES Arcebispo Xelmírez I e na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Cascudo é autor de "Manual do misántropo" (Premio GzCrea de Poesía, 2006) e está incluído na antoloxía "A cidade na poesía galega do século XXI" (2011). Tamén publicou "A mística da feminidade en Mad Men" (2023, Premio Ramón Piñeiro de ensaio).
VÍDEO
FOTOGRAFÍAS