25 de Xuño de 2026
Ana Mar Fraga Rábade Cospeito
Nada na Terra Chá, na actualidade vive en Lugo. É licenciada en Filosofía e Historia, escritora, historiadora e investigadora da cultura celta, entre outras. Traballa para Fundación Ángel Argivot en Barcelona, como Investigadora das culturas antigas. Impartiu conferencias en Barcelona como parte do seu traballo. Colabora con Xistral, revista de creación poética de Lugo, fundada polo escritor Chairego Manuel María. Defínese como “Unha muller sinxela e con un amor profundo a terra e aos seus. No traballo entregada a súa investigación das culturas antigas”.
Mari Luz Balsa Rábade Seixas (Cospeito), 1982
Naceu o día 12 de abril de 1982 en Seixas, no Concello de Cospeito, onde mantén a súa residencia na actualidade. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en Dereito no ano 2005. É funcionaria de Administración Local con Habilitación de carácter Nacional, pertencente ás subescalas de Secretaría-Intervención e Secretaría de Entrada. Exerceu a súa labor profesional en varios concellos da provincia de Lugo e actualmente exerce de Secretaria Xeral no Concello de Viveiro, municipio no que se afincou profesionalmente en xaneiro de 2012. Obras literarias: “Amor de Nai”, Editorial Toxosoutos, 2021.
VÍDEO
FOTOGRAFÍAS