Alt

03 Ana Vila Portomeñe / Paco Ledo

30 de Outubro de 2025

 

Ana Vila Portomeñe. Taboada, 1969

Gandeira con explotación propia e poeta. Presidenta-fundadora da Asociación de Mulleres Rurais Landra (Taboada) e Creadora do evento cultural “Ruralsía”. Escritora en libros,  revistas e  Internet. Gañadora  do Certame Cartas de amor, Vila de Quiroga (categoría senior). Membro de Recolectoras Memoria e Terra. Autopublicou “Algo de mi, con mucho de ti”, “Latexos dunha labrega”, “Pintasías”, “Sentidos nunha aldea” e “A.M.A en esencia”, con dúas amigas.

Francisco Ledo López (Paco Ledo). Mariz-Chantada, 1952

Gandeiro e poeta en lingua galega. En 1977 publicou o seu primeiro poemario, "Poesía dun labrego", primeiro libro publicado pola Editorial Alvarellos. Desde entón, en poesía ten publicado “Nos cumes do cántico” e “Nas portelas de memoria”; en ensaio, “No medio da treboada” e “A carón da lareira”; e, en dixital, “Haikus galegos”. Ten participado nunha ducia de libros colectivos.

VÍDEO

 

FOTOGRAFÍAS