Alt

02 Carmen Blanco / Claudio Rodríguez Fer

16 de outubro de 2025

Claudio Rodríguez Fer

Reuniu a súa poesía erótica e civil en “Amores e clamores” e a poesía visual en “Cinepoemas” e “Corpoética”. Está traducido a numerosos idiomas, e o seu poema “A cabeleira” publicouse en máis de 80 linguas. É autor dun cento de obras narrativas, teatrais e ensaísticas, e recibiu diversos recoñecementos en Europa e América. Dirixe a Cátedra Valente da USC e deu clases en Nova York, Bretaña e París, lugares aos que dedicou poemarios, como antes dedicara “Lugo blues” á súa cidade natal. 

Carmen Blanco García

Publicou poesía, narrativa e ensaio rompendo os límites dos xéneros. Deu mostras poéticas nas obras “Estraña estranxeira”, “Un mundo de mulleres” ou “Lobo amor”, e narrativas en “Vermella con lobos” ou “Atracción total”. É editora de obras de poesía e autora de ensaio, tradución ou ilustración de poesía. A súa creación inspírase no amor, na liberdade e na loita humana contra a opresión. É autora de “Alba de mulleres” ou “Lugo, atracción total”. 

FOTOS

 

VÍDEO