9 de Outubro de 2025
Mar Ferreiro Rozas
Nada na cidade de Lugo o día de Nadal de 1973, e oriúnda de San Adriano (Lourenzá). Xurista de profesión, cunha larga traxectoria como xuíza e avogada. No 2023 publicou o seu primeiro libro de poesía, en castelán, que leva por título “Llegarás (entretanto es tiempo de vivir y/o malvivir)”.
Lucía López Cancio
Graduada en educación social e no máster de profesorado pola UNED, especialidade de Intervención Sociocomunitaria, exerceu como profesora de F.P. e educadora social. Actualmente, estuda Traballo Social na UNED, á vez que exerce como educadora, manténdose en contacto coas persoas (nenos, adolescentes, terceira idade...), das que aprende e se sinte inspirada para crear poemas a través dunha ollada máis fonda da realidade.
Gustavo Enrique Díaz Rey
Graduado en Dereito pola UNED, actualmente está finalizando o Máster de Acceso á Avogacía. Como poeta, escribe de maneira espontánea e persoal como unha forma de gardar na memoria e na retina imaxes que lle impactan. Baséase na observación do entorno dunha pequena aldea de Láncara, lugar natal da súa muller.
FOTOGRAFÍAS
VÍDEO