XoánNeira
Mestre xubilado, reside en Viveiro dende 1982. Premiado nos certames de poesía: Meigas e Trasgos de Sarria, Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona... e en xornalismo: Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal (tamén en tres ocasións). Autor dos poemarios: Memoria e soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas, Linguaxes e Outras linguaxes En poesía infantil publicou Recreos , Xiz de cor, Farrapos de nube, No cubil da lúa, Un niño no xardín, Chafarís, Gaiola aberta, Calendario poético e Máxica lúa.